QUE DIFERENCIA Á PANELA DO AZUCRE TRADICIONAL?
Actualizado: 8 sept 2021
Nesta entrada explicámosche brevemente as principais diferenzas entre a panela, o azucre mascobado, o azucre moreno, o azucre de caña e outros tipos de azucre.
AZUCRE BRANCO

Pódese obter tanto da cana de azucre como da remolacha azucarera. O comercializado nos circuitos tradicionais de venta provén normalmente da remolacha, xa que esta, a diferenza da cana, si se pode cultivar en Europa. Sofre un forte proceso de refinado que se traduce na súa cor branca e nun contido dun 95 % de sacarosa, polo que o aporte que nos brinda é tan só enerxético.
AZUCRE DE CANA

Provén da cana de azucre. A súa tonalidade pode variar dun azucre a outro dependendo do proceso ao que foi sometido.
AZUCRE MORENO

Diferénciase do azucre branco pola presenza de melaza, rica en hidratos de carbono e minerais, así como por un purificado menos refinado, quedando pequenas impurezas que lle dan a súa característica cor marrón. Malia iso, o azucre moreno sufre un proceso de elaboración máis industrial co da panela ou do azucre mascobado, o que lle da ese aspecto máis cristalizado.
E dicir, a maior diferenza, aparte do sabor, entre o azucre branco e o azucre moreno é a presenza de melaza no segundo. Sen embargo, esta encóntrase en tan pequenas proporcións, polo que realmente non existe unha gran diferenza significativa entre un tipo de azucre e o outro (o azucre moreno contén aproximadamente un 85 % de sacarosa).
AZUCRE MASCOBADO

Igual ca panela, trátase dun azucre de cana non refinado, pero, a diferenza de esta, no azucre mascobado as bolas de melaza son máis grandes, xa que mentres a panela é raiada despois de ser solidificada en bloques, o azucre mascobado pasa directamente ao granulado.
PANELA

A panela é o zume de cana de azucre cristalizado tan só por evaporación. A súa cor débese a unha película de melaza que envolve cada fino cristal. Considérase o tipo de azucre máis puro, xa que non sofre ningún tipo de proceso químico ou de refinamento E tamén por iso que posúe máis vitaminas e minerais co resto de azucres de caña ou de remolacha.
AZUCRE DE COCO

Si, é un tipo de azucre, xa que contén sacarosa. Prodúcese a partir da savia das flores da palmeira dos cocos. Ten un baixo índice glucémito e un sabor acaramelado.
A maior diferenza entre o azucre brando e o azucre de coco é que mentres o primeiro son calorías baleiras, sen ningún tipo de nutrientes, o azucre de coco conserva parte dos nutrintes do coco.