top of page

A AVOA ANTOLINA

Actualizado: 8 sept 2021



Antolina, Tolina coma a chamaba o meu avó, naceu no lugar de Pías antes da guerra e da ditadura. Toda a súa vida adicouse a leira, a coidar da horta, da casa e da familia, a axudar ao marido. A ese mesmo traballo invisible ao que se adicaron tantísimas das nosas maiores. Alí, no lugar de Pias, criou a catro fillas e axudou a medrar a oito netas e a un neto. Eran os 90, e dicía que lle encantaba miralas sair a rúa vestindo minisaias. Non chegou a coñecer a súa primeira bisneta. A morte pillouna unha noite de Reis en Suiza, onde estaba pasando as súas últimas vacacións con unha das súas fillas, unha de tantas que marchara buscando en Centroeuropa o que Galicia non lle daba. A morte pillouna en Suiza, demasiado cedo, e impediume ter mais lembranzas de ela. Pero inda recordo a súa voz das largas noites de invernos, cando se acostaba entre a miña cama e a da miña irmá a rezar con nos "Cuatro esquinitas tiene mi cama" antes de durmir. Pensando en mulleres coma a Antolina, as compañeiras de Milhulloa sacaron ao mercado unha infusión relaxante chamada "avoa".


A que temos en venta en Gusto Xusto non podía levar outro nome co da nosa.



7 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page